miércoles, 15 de junio de 2016

XV Aniversario da nosa coral



O pasado 11 de xuño celebramos o XV aniversario da nosa coral. Foi un acto sinxelo pero emotivo, onde estivemos acompañados polo Grupo de canto Aleceia e a Coral Polifónica de Piloño. Tivemos tamén a oportunidade de contar coa presencia do presidente da Federación Coral Galega, D. Antonio Cornide.

O concerto estivo cargado de gratas e inesperadas sorpresas. Unha delas foi a do Grupo de Canto Aleceia, que nos felicitaron como mellor saben facer: cantando. Prometían unha peza sorpresa e a súa interpretación de "Las mañanitas" puxo a todo o público en pé.

A Coral Polifónica de Piloño deleitounos cunha magnífica "Bamba" e co seu " Menú" anticipaba o pincho habitual despois de cada concerto. 

Magníficas interpretacións que encheron o ambiente de ledicia e  que se converteron no preludio do emocionante momento en que D. José Manuel Freire, primeiro director da nosa agrupación,  dirixiu para todos os presentes o "Velai vai" de Rey Ribero. Un momento que nos fixo rememorar aquel día de hai 15 anos no que a Coral Polifónica de Luou comenzaba a súa andadura.

Este XV aniversario quedará xa para sempre marcado na nosa memoria como un día cheo de emocións, bos amigos e boa música. Un encontro fraternal no que queremos agradecer a  súa asistencia a todas as persoas que nos acompañaron.

Como dixo Igor Stravinski :" A música non basta con oila, ademáis hai que vela", así que esperamos vernos no vindeiro encontro en Luou que terá lugar en outubro. Invitados quedades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario