Historia

CORAL POLIFÓNICA DE LUOU

A Asociación Cultural A Mámoa de Luou foi fundada en 1982. Dende a súa fundación conta con escolas de danza, música tradicional e teatro, levando a cabo unha máis que laboriosa actividade cultural.
Deste desenvolvemento cultural e da inquedanza pola música coral dos veciños de esta parroquia, nace no ano 2001 a Coral Polifónica de Luou, baixo a dirección do mestre D. Xosé Manuel Freire.

A coral realizou numerosas actuacións na nosa Comunidade  e Portugal , tanto a través da Rede Cultural da Excma. Deputación como en intercambio con outras corais. Tamen participa no encontro de voces“Cantateo” organizado polo mesmo concello.
Na actualidade a coral
 está dirixida polo mestre D. Juan Núñez Seoane.
O seu repertorio abrangue dende a polifonía clásica ata a música coral contemporánea, cunha ampla presenza da música popular galega.
Anualmente organiza en Luou un certame de Corais.
A coral Polifónica de Luou tamén pertence á Federación Coral Galega.